xoves, 24 de abril de 2014

Da comezo o artRAVE!

Como xa saberedes, o vindeiro día 4 de Maio da comezo a nova xira mundial de Lady Gaga. Xa era hora!
Despois de verse na obriga de cancelar a súa anterior xira pola operación de cadeira a que se tivo que someter, Gaga ten tantas ganas de volver aos escenarios coma nos, os seus fans, de volver a vela disfrutar de cada actuación no gran escenario. E tan grande!
Fai unhas semanas a artista mostrou unha imaxe de como sería o escenario que vai empregar nas suas actuacions e, coma sempre, sorprendeunos.
Consta dunhas pasarelas e un 'área central'.
As pasarelas estarán elevadas do chan, polo que o público poderá pasar por debaixo e ver a traves dela, xa que a súa superficie será transparente! Ademais unha das pasarelas moverase por parte do recinto.
A parte central terá un fondo que xirará e tapará o escenario en certos momentos.
A decoración é moi artística. Con esta xira Lady Gaga 'pisará' Venus.
Cabe destacar tamén a plataforma que se atopa ó final da pasarela principal, chamada 'ARTPOP Zone' donde 20 fans verán o concerto enriba do escenario e en contacto coa cantante. Que envexa, verdade?
«¡O artRAVE: The ARTPOP Ball será unha gran festa que combine a música, a moda e a tecnoloxía nunha presentación explosiva! [...] Levaranos a outro planeta doutra galaxia nun espazo-tempo diferente. Será unha festa salvaxe de reinvención, dun espíritu creativo. Haberá un Monster Pit no escenario, ¡e seguirei elixindo vinte admiradores ó longo da noite para que suban ó escenario de maneira gratuita!». - dixo Lady Gaga.


Os prezos das entradas serán os seguintes:


Entradas normais:
PL1 Numerado Grada: 95 € + gastos
PL2 General Pista: 75 € + gastos
PL3 Numerado Grada: 65 € + gastos
PL4 Numerado Grada: 55 € + gastos
PL5 Numerado Grada: 35 € + gastos
Entradas zonas VIP: (Con posibilidade de coñecer a artista).
Premium Golden Ticket : 235 € + gastos
Hot Ticket: 195 € + gastos
Vip Preparty: 185 € + gastos
“Little Monster Zone” (Early Entry): 175 € + gastos
ArtPop Zone: 975 € + gastos

Ningún comentario:

Publicar un comentario