xoves, 29 de maio de 2014

Non máis artRAVE por uns días...

Onte a noite Gaga actualizaba o seu perfil de Twitter cunha triste noticia, na que indicaba que os seus shows en Seattle e Vancouver debían ser pospostos. A cantante enfermou de bronquitis e lle é imposible cantar e actuar.

"Estou devastada, son incapaz de actuar esta semana. Úrsula tomou a miña voz de Sirenita e vinme abaixo cunha bronquitis horrible. As miñas máis sinceras desculpas a Seattle e Vancouver, imos reprogramar esos shows e volverei para recompesaros. Quérovos, monsters.". - publicou Gaga no seu Twitter.




Os fans teñen instruccions de manter as súas entradas para estos eventos, xa que será válida para as actuacions re-programadas en cada cidade. A respectiva información acerca das novas datas para estos dous concertos será anunciado pronto.

Os monsters agardan con impaciencia a recuperación da súa Mother Monster e a súa pronta volta aos escenarios. Mentres ela se recupera os deixo uns vídeos do artRAVE





ArtRAVE en Edmonton, Calgary e unha fan moi especial!

Os pasados 25 e 26 de Maio, Gaga presentouse en Calgary e en Edmonton con dous máis dos seus concertos da súa nova xira ante máis de 12 mil persoas.

Novamente fixo cambios no seu vestuario e pelucas nalgunhas das actuacions (Paparazzi, Sexxx dreams e Just dance).




Ademais, ante a petición dunha fan que lle lanzou un peluche cunha carta ao escenario, Gaga cantou Hair, unha das súas cancions máis emotivas e liberadoras. A cantente interpretou o esperado tema despois de leer en alto a carta que a fan lle lanzou.




Despois de cantar Born this way, a cantante agradeceulles aos seus fans o éxito polos seus discos.

E...Sorpresa no backstage!

 Lady Gaga coñeceu a súa maior fan:

Inez Whitfield, de 86 anos, acudiu ao concerto de Edmonton e tivo a oportunidade de coñecer a cantante e compartir unhas palabras con ela.

"Neste mundo tan escuro Gaga é como un raio de luz. É encantador." - dixo Inez sobre a artista.

 É que non hai idade para ser Little Monster!

Gaga e Inez no backstage.





Despois de coñecer a Inez, Gaga compartiu en Twitter unhas palabras "Tiven unhas preciosas palabras despois do show con Inez, é unha muller moi inspiradora!".

Deixovos cuns vídeos destes concertos. Disfrutade!





venres, 23 de maio de 2014

ArtRAVE en Cleveland!

O de Cleveland foi o noveno show da xira de Lady Gaga. Este concerto non tivo grandes variacions en comparacions cos primeiros. Só unha coroa durante a actuación de Gypsy e novas pelucas para Paparazzi e Do what u want.
Coma sempre a cantante demostrou o seu talento no escenario e deixou a todos con ganas de máis. Entre música e baile non faltaron os momentos dedicados aos fans... e aos non tan fans.



Gaga cunha das súas novas pelucas.

O que máis transcendeu do concerto foron as palabras da cantante dentro e fora do show. Durante o concerto Gaga recordou o público que os haters non eran benvidos e os invitou a marchar se non lles gustaba o show e ARTPOP.



Os fans que coñeceron á cantante no backstage do artRAVE aseguran que lles cantou a primerira estrofa e o estribillo dunha canción chamada "Sire", inspirada en Michael Jackson, no seu amor por él e en como a xente o corou coma Rey do Pop.

Gaga coa súa mascota, Asia, e un fan no backstage.


As palabras de Gaga hacia os haters:





"E para aqueles que non son fans, que non queren estar aquí ou non son fans de ARTPOP, vaianse a merda!"- dixo a cantante. 









luns, 19 de maio de 2014

Sold out no Madison Square Garden!

Despois da súa segunda xira "Monster Ball", Gaga volve ao seu fogar, o Madison Square Garden coa artRAVE.




A artista tiña moitas ganas de volver o seu escenario preferido e desnudouse emocionalmente na cidade onde naceu e se criou.
A cantante xogaba en terreno coñecido e o aproveitou dende o principio do concerto, que arrancou vestida cun espectacular traxe con alas doradas e ó grito de "New York City, I'm home" ("Nova York, estou na casa").
 Durante dúas horas, Gaga realizou un arrollador espectáculo centrado no seu último disco, ARTPOP, pero no que non faltaron os seus grandes éxitos.

Pero non todo é desenfreno, Gaga non desaproveitou ningunha ocasión para demostrar o amor polos seus fans, os Little Monsters.

"Esta noite quero que sean vostedes ao cen por cen. Quero que se celebren así mesmos, os seus amigos, todo o que teñen e todo o que non", dixo a cantante 
 
Gaga falando cos seus Little Monsters.



O carácter discotequeiro de ARTPOP fixose notar con cancions coma Aura, Venus o G.U.Y., que en todo caso mantiveron un carácter pop que no tuvo a dura sesión tecno que precedeu ao concerto, a cargo de Lady Starlight, amiga da cantante e telonera do show.

Aunque tamén hubo momentos para facer alarde do seu vozarrón facendose co piano e interpretando Gypsy e Born this way.







Despois do que puido ser o momento máis emotivo do concerto, a cantante anunciou o seu amor pola súa cidade e o moito que a bota de menos cando sae de xira.


Cada día falta menos para poder disfrutar da cantante no noso país! Poderedes agradar ata o 8 de Novembro?



 

luns, 12 de maio de 2014

Primeiro concerto en Florida!


Xa tivo lugar o primeiro concerto do artRAVE. O evento realizouse en Ft. Lauderdale, Florida, onde, rompendo coas críticas do seu fracaso con seu novo disco (ARTPOP), Gaga encheu o recinto. (Cabe destacar que as entradas para este show esgotaronse aos pocos minutos de saír a venda).

Este primer concerto non deixou indiferente a ninguén.

O primeiro que chamou a atención a todo o mundo, sobretodo ós little monsters (este e o nome co que Gaga chama ós seus fans) foi a lista de cancions que a cantante ía representar.
Para sorpresa de todos o seu single promocional Dope non se atopaba na esperada lista. Ante isto a cantante anunciou que a balada non se atopaba na lista porque quería facer da súa xira unha gran festa.

Ao botar outro vistazo ao setlist vemos que a artista so cantou unha canción do seu disco máis querido polos seus fans Born this way, do que só engadiu o single co mesmo nome.

O que non pudo faltar é o seu gran éxito Bad romance e o seu distinguido Poker Face.
Pero non todo son "malas noticias". Lady Gaga representou dúas cancions inéditas, Cake like Lady Gaga e Partynauseous. 




Ao marxe da música, durante o concerto hubo varios cambios de vestuario, algúns deles a vista de todos os little monsters, e confeti con diferentes formas (tacóns, conchas, o simbolo do dólar...).

Ademais a cantante compartiu 20 minutos cos fans que pagaron a entrada VIP. Falaron e cantaron con ela e respondeulle a todas as súas preguntas. No backstage con ela estaban o seu pai, a súa nai e Taylor Kinney, o seu mozo.


Aínda queda moito para poder disfrutar da cantante no noso país (8 de Novembro en Barcelona), pero vos deixo un par de vídeos do que foi este primeiro concerto.


Conto con que vos guste tanto coma a min!


Lady Gaga interpretando Just Dance:



Lady Gaga interpretando Gypsy:

xoves, 24 de abril de 2014

Da comezo o artRAVE!

Como xa saberedes, o vindeiro día 4 de Maio da comezo a nova xira mundial de Lady Gaga. Xa era hora!
Despois de verse na obriga de cancelar a súa anterior xira pola operación de cadeira a que se tivo que someter, Gaga ten tantas ganas de volver aos escenarios coma nos, os seus fans, de volver a vela disfrutar de cada actuación no gran escenario. E tan grande!
Fai unhas semanas a artista mostrou unha imaxe de como sería o escenario que vai empregar nas suas actuacions e, coma sempre, sorprendeunos.
Consta dunhas pasarelas e un 'área central'.
As pasarelas estarán elevadas do chan, polo que o público poderá pasar por debaixo e ver a traves dela, xa que a súa superficie será transparente! Ademais unha das pasarelas moverase por parte do recinto.
A parte central terá un fondo que xirará e tapará o escenario en certos momentos.
A decoración é moi artística. Con esta xira Lady Gaga 'pisará' Venus.
Cabe destacar tamén a plataforma que se atopa ó final da pasarela principal, chamada 'ARTPOP Zone' donde 20 fans verán o concerto enriba do escenario e en contacto coa cantante. Que envexa, verdade?
«¡O artRAVE: The ARTPOP Ball será unha gran festa que combine a música, a moda e a tecnoloxía nunha presentación explosiva! [...] Levaranos a outro planeta doutra galaxia nun espazo-tempo diferente. Será unha festa salvaxe de reinvención, dun espíritu creativo. Haberá un Monster Pit no escenario, ¡e seguirei elixindo vinte admiradores ó longo da noite para que suban ó escenario de maneira gratuita!». - dixo Lady Gaga.


Os prezos das entradas serán os seguintes:


Entradas normais:
PL1 Numerado Grada: 95 € + gastos
PL2 General Pista: 75 € + gastos
PL3 Numerado Grada: 65 € + gastos
PL4 Numerado Grada: 55 € + gastos
PL5 Numerado Grada: 35 € + gastos
Entradas zonas VIP: (Con posibilidade de coñecer a artista).
Premium Golden Ticket : 235 € + gastos
Hot Ticket: 195 € + gastos
Vip Preparty: 185 € + gastos
“Little Monster Zone” (Early Entry): 175 € + gastos
ArtPop Zone: 975 € + gastos